Prim i Prats, Joan

Prim i Prats, Joan

Militar e político, marqués de Los Castillejos, conde de Reus e vizconde do Bruc. Durante dous anos ingresou no primeiro dos dous batallóns de tiradores de Isabel II que se organizaron en Reus para loitar contra os carlistas. Liberal convencido, ao acabar a guerra foi deputado por Tarragona (1841) e figurou entre os progresistas. Coa chegada de Espartero ao poder en 1843, alzouse en armas en Reus e loitou contra Martín Zurbano. Foi gobernador militar en Barcelona (1843), e capitán xeneral de Puerto Rico (1847-1848). Despois da Revolución de 1854, o goberno progresista nomeouno capitán xeneral de Granada (1855-1856) e ascendeuno a tenente xeneral (1856). Participou na Guerra de África (1859-1860), na campaña de Marrocos, na que foi o xeneral máis distinguido e pola que recibiu o título de marqués de Los Castillejos, coa Grandeza de España. Encabezou a Revolución de Setembro de 1868, propagou a revolta por Andalucía e pola costa mediterránea. Foi ministro de Guerra (1868-1870) do goberno provisional presidido por F. Serrano e presidiu o Consello de Ministros. Promulgada a Constitución de 1869 foi xefe do goberno (1869-1870), desde onde defendeu a monarquía constitucional e propuxo para o trono a Amadeo de Savoia, duque de Aosta, candidatura aprobada en 1870. Morreu asasinado.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Reus

  • Deceso

    Lugar : Madrid