primario -ria

primario -ria

(< lat primarĭu)

    1. adx

      Que vai primeiro no tempo ou nunha escala que comeza polo grao inferior.

    2. eleccións primarias [POLÍT]

      Consulta electoral dos afiliados dun partido político para designar os candidatos nos cargos públicos e os delegados nas convencións. En EE UU forma parte do seu sistema institucional.

  1. adx
    1. Que é básico ou fundamental.

    2. Que é rudo, primitivo ou pouco civilizado.

    3. Que predominan os instintos básicos e os impulsos sobre a reflexión, especialmente referido ao carácter.

  2. adx [ASTRON]

    Aplícase aos planetas propiamente ditos, por oposición aos planetas secundarios ou satélites.

  3. adx e s [TECNOL/FÍS]

    Aplícase ao circuíto dun transformador que recibe a potencia activa.

  4. adx [ESTRATIG]

    Relativo ou pertencente ao Primario ou Paleozoico.

  5. adx [QUÍM]
    1. Aplícase aos átomos de carbono saturados que no seo dunha estrutura complexa de dous ou máis átomos de carbono están unidos unicamente a outro átomo de carbono.

    2. Aplícase a algúns grupos funcionais, como o hidroxilo, cando están unidos a un carbono primario.

    3. Aplícase ao tipo de amina en que existe un grupo -NH 2 unido a unha cadea carbonada.

  6. patrón primario [QUÍM]

    Denominación dalgunhas substancias a partir das que se poden preparar disolucións de concentración exactamente coñecida, empregadas na análise volumétrica para valorar disolucións doutros reactivos a partir dos cales non se poden preparar, por simple pesada e disolución, solucións de concentración exactamente coñecida. Estas substancias poden tamén empregarse para facer valoracións directas. Un patrón primario ten que cumprir as seguintes condicións: debe ser facilmente alcanzable e purificable, ser termicamente estable a 100°C e non debe absorber a humidade nin reaccionar co dióxido de carbono nin co osíxeno. Debe presentar reaccións simples, rápidas e estequiométricas e existir un método adecuado para a detección do seu punto final. Han de ter un peso equivalente elevado e, en caso de haber opción a elixir, debe ser o máis semellante posible ás mostras que se queren analizar.

Palabras veciñas

1 primar | 2 primar | Primario | primario -ria | primate | Primaticio, Francesco | primavera