Príncipe Eduardo, illa
Príncipe Eduardo, illa
Illa de Canadá, que constitúe unha provincia, a máis pequena do país, situada ao S do golfo de San Lourenzo (5.660 km2; 135.294 h [2001]). A súa capital é Charlottetown (38.114 h [2001]). Ten un rico patrimonio forestal. Destacan os cultivos de cereais e cría de gando.