príncipe Igor, O
príncipe Igor, O
[MÚS]
Ópera (1869-1887) de Aleksandr P. Borodin con libreto de Vladimir Stassov e do mesmo autor. Foi completada despois da morte de Borodin por Rimskij-Korsakov e A. Glazunov e estreada no teatro Mariinskij de Peterburgo o 23 de outubro de 1890. Do conxunto da obra cómpre salientar a parte das Danzas Polovtsianas, incluídas no segundo acto.