privilexio

privilexio

(< lat privilegĭu)

  1. s m

    antaxe exclusiva ou excepcional, exención dunha obriga, da que se goza por concesión dun superior ou por unha circunstancia propia.

  2. s m [DER]

    Disposición que emana do poder lexislativo, con forza de lei, en virtude da que se outorga a unha persoa ou a unha categoría de persoas un dereito especial ou un trato de favor, cun certo carácter de permanencia, distinto do que dá a lei común.

  3. s m [ARQUIV]

    Documento en que consta a concesión a perpetuidade dun privilexio. Normalmente chámase diploma cando o conceden os soberanos, a palabra adoita indicar os emanados da chancelaría papal (bula maior). As chancelarías reais expedíronos en pergamiño e denomináronse de formas diversas: precepto, privilexio rodado, privilexio real maior ou carta. Adoitaban ir incluídos en compilacións xerais ou particulares de vilas, xeralmente encadernados nun volume (libro de privilexios) e miniaturizados.

  4. privilexio clerical [DER/RELIX]

    Inmunidade persoal pola que toda persoa que deliberadamente e sen causa eximente cause unha ofensa grave e externa a un crego, incorrerá en excomuñón reservada ao papa. Recollido no código de dereito canónico, foi promulgado no canon catorce do Concilio II de Letrán (1179).

  5. privilexio de advocación [DER/HIST]
    1. Dereito que tiña o xuíz superior de instruír un preito pendente ou iniciado polo seu inferior.

    2. Dereito dalgunhas xurisdicións especiais para atraer a instrución dos preitos e as dilixencias que pertencen ao foro común.

  6. privilexio de foro [DER/RELIX]

    Privilexio en virtude do que ningún crego nin persoa asimilada podía ser xulgado por un tribunal secular, agás en casos de desaforo. De orixe romana, sancionaba aos que obrigaban aos cregos a presentarse ante un tribunal civil. En España foi recoñecido no Decreto-Lei de Unificación de Foros (1868) e no Concordato de 1953, aínda que posteriormente se aboliu.

  7. privilexio de introdución [DER]

    Dereito temporal de gozo exclusivo dun procedemento industrial implantado por primeira vez nun país.

  8. privilexio de invención [DER]

    Dereito temporal de aproveitar exclusivamente unha produción ou un procedemento industrial non coñecido ou non usado ata entón.

  9. privilexio do canon [DER/RELIX]

    Privilexio inherente ao estado clerical ou relixioso, polo que toda violencia física exercida contra eles incorre ipso facto en pena de excomuñón reservada á Santa Sé.

  10. privilexio favorable [DER]

    Exención que favorece ao privilexiado sen prexudicar a outro persoa, como a bula da Santa Cruzada.

  11. privilexio gracioso [DER]

    Privilexio concedido unicamente como graza ou beneficencia do superior, sen ningún mérito por parte do privilexiado.

  12. privilexio local [DER]

    Privilexio ou inmunidade concedido a unha vila, un lugar ou santuario.

  13. privilexio nobiliario [DER/HIST]

    Concesión mediante privilexio dun dos graos da nobreza como o privilexio de xeneroso, o de cabaleiro ou o de nobre.

  14. privilexio odioso [DER]

    Privilexio que prexudica a alguén, oposto ao privilexio favorable.

  15. privilexio paulino [DER/RELIX]

    Caso, previsto polo dereito canónico, de disolución do vínculo matrimonial dun matrimonio contraído entre non bautizados se un deles recibe o bautismo e o outro se separa sen unha causa xusta ou se nega a cohabitar, é dicir, cando se producen accións ou situacións contrarias á honestidade conxugal, ou se impide a educación cristiá dos fillos. A parte non bautizada deberá confirmar a súa actitude nun interrogatorio obrigatorio. O matrimonio queda disolto no momento en que o bautizado contrae novas nupcias.

  16. privilexio persoal [DER]

    Privilexio outorgado a unha persoa, non susceptible de ser herdado.

  17. privilexio privativo [DER/HIST]

    Dereito exclusivo que tiñan os señores feudais de dirimir as causas dos seus vasalos.

  18. privilexio real [DER]

    Privilexio unido á posesión dunha cousa ou dun cargo, e que pode ser transmitido e herdado.

  19. privilexio rodado [BIBLIOT/RELIX]

    Diploma real ou bula papal expedido co signo rodado ou roda.