Prix de Rome

Prix de Rome

Premio concedido anualmente polo goberno francés en forma de bolsa de estudos aos estudantes de belas artes. Foi creado por Luís XIV de Francia en 1666 e destinouse inicialmente aos estudantes da Académie Royale de Peinture et de Sculpture de París, para completar a súa formación durante un período aproximado de catro anos na Académie de France en Roma. Desde 1723 abríronse as bolsas para arquitectos e desde o s XIX para músicos e gravadores. A súa finalidade é a de perpetuar a tradición académica.