Pro Neutralidad

Pro Neutralidad

Semanario publicado en Viveiro a partir do 18 de febreiro de 1917. Cesou o 4 de xullo de 1918 (nº73). Aínda que non era o voceiro da Juventud Católica de Viveiro, foi elaborado por algúns dos seus membros. De tendencia xermanófila e ultraconservadora, dirixiuno Fernando Pérez Barreiro. Defendeu a non intervención de España na Primeira Guerra Mundial, estratexia que favorecía os intereses alemáns e os do vicecónsul alemán en Viveiro, responsable da extracción de mineral para a fabricación de armas e posible fonte de financiación desta publicación. Tivo o seu continuador en La sirena del Norte.