proa
(
-
s
f
[MAR]
-
Parte dianteira do casco dunha embarcación, comprendida entre a última caderna e o esporón, con forma de cuña para que ao desprazarse ofreza menos resistencia á auga. As súas formas responden a diferentes solucións construtivas. Na proa pechada as varandas e a regala acaban na roda, mentres que na aberta están cortadas polo vao da serviola. A proa lanzada é a que ten a roda arqueada, e a redonda a que ten forma redondeada. A proa recta ten o esporón vertical segundo o plano lonxitudinal de simetría do buque, e a inclinada teno, segundo o mesmo plano, inclinado de xeito que forma un ángulo obtuso na parte inferior do esporón.
-
Parte anterior dunha embarcación de vela, comprendida entre a roda e a sección vertical transversal que contén o pau maior ou o trinquete.
-
Parte anterior dun buque que se considera dividido en tres partes iguais, pola súa eslora, desde a proa.
-
-
s
f
[AERON]
Parte frontal do casco dunha aeronave ou dalgúns aeróstatos.
-
castelo de proa
[MAR]
Parte elevada da cuberta dalgunhas embarcacións, que está situada na proa.
-
panel de proa
[MAR]
Espazo dunha dorna que está comprendido entre a primeira bancada e a tilla.
-
pico de proa
[MAR]
Pau situado na proa, que sobresae e que serve para amarrar os cabos.
-
punta de proa
[MAR]
Madeiro que serve para amarrar o cabo no momento en que se vai fondear a embarcación.
-
vento de proa
[MAR]
Vento que sopra en sentido contrario ao do avance dunha embarcación.
Frases feitas
-
Poñer proa a. Dirixirse o buque cara a unha determinada dirección.