proba
(< probar)
-
s
f
Acción e efecto de probar.
-
-
s
f
Cousa con que se demostra ou intenta demostrar algo.
-
s
f
[DER]
Conxunto de indicios, signos, documentos ou interrogatorios que demostran satisfactoriamente a veracidade dunha afirmación ou dun feito xurídico non suficientemente claro por si mesmo, e que diante do xuíz ten consecuencias xurídicas. Pode ser documental, constituída por escrituras, públicas ou privadas; pericial, cando se trata do ditame dun profesional sobre unha materia; testemuñal, cando se fai por testemuñas fidedignas; e confesa, a que fai o litigante xa sexa no xuízo ou fóra del.
-
s
f
[MAT]
Operación efectuada para verificar a exactitude dunha operación, dun problema ou dun cálculo calquera. A proba da suma consiste en repetir a operación pero considerando os sumandos en orde inversa; a da resta, en sumar o resto ao subtraendo para obter o minuendo; a da multiplicación, en repetir a operación invertendo o multiplicando e o multiplicador ou, tamén, en dividir o resultado por un dos factores, para obter o outro factor; a da división, ao multiplicar o cociente polo divisor e sumarlle ao resultado o resto, para obter o dividendo. A proba do nove, que é aplicable a estas operacións, consiste en reducir cada unha das cantidades ao resto de nove.
-
proba de hipóteses
[MAT]
contraste de hipóteses.
-
s
f
-
-
s
f
Ensaio que se fai para ver se unha cousa é posible ou medio para comprobar algo.
-
s
f
Exame oral ou escrito.
-
proba de nobreza /
[ARQUIV/HIST]
Documento que cualifica e determina dunha maneira clara, terminante e indubidable a calidade nobre dunha persoa de acordo coas leis, os usos e os costumes de cada país.
-
probas de noviciado
[RELIX]
Cada un dos preceptos, obediencias ou interdicións que, a miúdo arbitrariamente, se lles impuña aos novizos para demostrar a súa firmeza na vocación.
-
s
f
-
s
f
Circunstancia ou situación difícil ou penosa.
-
s
f
[DEP]
Competición que se realiza para determinar un gañador.
-
s
f
[FILOS]
Operación intelectual empregada para recoñecer dunha maneira universal a verdade dunha proposición considerada nun principio dubidosa, e que se pode comprobar por demostración ou por verificación.
-
-
s
f
[TECNOL]
Ensaio, análise ou exame ao que se somete unha máquina, unha instalación, unha peza, un vehículo ou un produto industrial para coñecer ou comprobar as súas características. As probas efectúanse nun banco de probas, que é un lugar provisto de todos os mecanismos, dispositivos e aparatos necesarios. Nel hai probas de recepción, de verificación e de homologación, entre outras.
-
proba nuclear
[FÍS]
Ensaio que se realiza para comprobar o funcionamento dunha arma nuclear, que consiste na súa explosión nun lugar illado.
-
voo de proba
[AERON]
oo que se realiza para comprobar as prestacións e o comportamento dunha aeronave.
-
s
f
[TECNOL]
-
s
f
Pequena cantidade dunha cousa que serve para examinar a súa totalidade ou as súas calidades.
Ex: Levoulle a proba do flan.
-
[MED]
-
s
f
Acción de someter alguén ou algunha cousa a certas experiencias para apreciar a existencia dunha substancia, investigar a presenza dunha lesión ou anomalía, ou a maneira en como se desenvolve unha función.
-
s
f
Ensaio no que se provocan fenómenos biolóxicos no organismo como medio diagnóstico.
-
proba cega
Proba de experimentación clínica en que tanto o enfermo como o médico ignoran se o que se administra é remedio activo ou placebo.
-
s
f
-
proba de imprenta
[GRÁF]
Mostra que se tira dunha composición tipográfica, dunha fotocomposición, etc, para efectuarlle as correccións ou as modificacións necesarias antes de comezar a tirada.
Frases feitas
-
A proba. loc adv Que está en período de probas.
-
A proba de. loc adv Capaz de resistir.
Refráns
- Ata que probes, non aprobes oín desaprobes.
- Ata que probes, non aprobes.
- Ata que probes, non gabes o que non coñeces nin sabes.
- Cousa ben negada non é ben probada.
- Denantes de que probes, non aprobes.
- Polo san Simón proba o viño e o porco polo san Martiño.
- Por probar nada se perde.
- ¡Cólleme ao lombo: verás canto peso!
- ¡Lévame ao lombo: verás canto peso!