proboscídeo -a
proboscídeo -a
(< lat proboscĭde‘trompa’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos proboscídeos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da orde dos proboscídeos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de mamíferos que comprende animais de gran volume, coas extremidades alongadas e robustas, e cinco dedos unidos por unha membrana para formar unha base sólida, provistos de pequenos pezuños. Presentan unha longa trompa olfactiva e prénsil, formada pola fusión do nariz e o labio superior. Os seus incisivos superiores forman unhas longas defensas que medran continuamente e poden alcanzar ata 3,5 m de lonxitude. A súa pel é grosa e con pouco pelo e son de réxime herbívoro. Pertencen a esta orde o elefante de sabana (Loxodonta africana) e o elefante asiático (Elephas maximus).