pródigo -ga
pródigo -ga
(< lat prodĭgu)
-
adx
Que gasta moito e sen medida.
-
adx
Que é moi xeneroso.
-
adx
Que produce ou ten algo en abundancia.
-
fillo pródigo
[RELIX]
Personaxe dunha parábola contida nos Evanxeos, que pasou a indicar a todo aquel que, tras un tempo de mala vida ou desviación doutrinal, volve arrepentido ao camiño recto, á institución ou á persoa que abandonara.