pródigo -ga

pródigo -ga

(< lat prodĭgu)

  1. adx

    Que gasta moito e sen medida.

  2. adx

    Que é moi xeneroso.

  3. adx

    Que produce ou ten algo en abundancia.

  4. fillo pródigo [RELIX]

    Personaxe dunha parábola contida nos Evanxeos, que pasou a indicar a todo aquel que, tras un tempo de mala vida ou desviación doutrinal, volve arrepentido ao camiño recto, á institución ou á persoa que abandonara.

Palabras veciñas

Pródico | prodigalidade | prodigar | pródigo -ga | prodixio | prodixioso -sa | prodrómico -ca