prodixio

prodixio

(< lat prodigĭu)

  1. s m
    1. Suceso, feito ou acción extraordinario que parece non ter causa ou explicación lóxica ou natural.

    2. [RELIX/HIST]

      Termo técnico que, na historia das relixións, indica feitos insólitos, naturais ou non, interpretados como signos da ira divina ou como presaxios de desastres.

  2. s m
    1. Persoa ou cousa extraordinaria que causa admiración polas súas calidades positivas.

    2. Neno que desde pequeno amosa calidades extraordinarias. OBS: Xeralmente, emprégase a expresión neno prodixio.