produción

produción

(< lat productĭōne)

  1. s f

    Acción de producir.

  2. s f

    Cousa ou conxunto de cousas que se producen.

  3. [ECON]
    1. s f

      Conxunto de actividades humanas realizadas mediante a utilización de recursos naturais e medios de produción para obter bens que satisfagan as necesidades humanas. Estes procesos non inclúen exclusivamente a transformación da forma e a calidade dos bens, senón tamén todo o que aproxima os bens no tempo ou no espazo cara ao seu consumo. A produción efectúase mediante a combinación dos chamados medios ou factores produtivos ou inputs, clasificados en tres grandes grupos: o traballo, ou achega humana ao proceso produtivo, base deste proceso; a terra, ou conxunto de recursos naturais; e o capital, ou conxunto de medios de produción xa elaborados, pero que serven para producir novos bens. A escola marxista puxo énfase especial na acción do home. Así, a produción presenta dous aspectos: o das forzas produtivas ou conxunto de medios produtivos e dos homes que os utilizan; e o das relacións de produción, que caracterizan a relación dos homes entre eles no proceso de traballo. A interacción destes dous aspectos constitúe o modo de produción característico de cada sistema económico.

    2. teoría da produción

      Configuración dun marco analítico que permite explicar e prever o comportamento das unidades económicas produtivas. Este marco inclúe fundamentalmente tres aspectos: o estudo das restricións técnicas e económicas fundamentais da actividade das unidades de produción; a determinación dun procedemento que permita coñecer o resultado e a valoración da actividade produtiva; e a formulación dun modelo matemático que inclúa os dous primeiros aspectos.

  4. s f [ESPECT]
    1. Conxunto de actividades económicas e financeiras encamiñadas á realización dunha película, programa ou dunha obra teatral ou musical.

    2. Financiamento dunha obra artística ou intelectual.

    3. Obra artística ou intelectual xa rematada.

  5. s f [ECOL]

    Biomasa producida por un organismo, unha poboación ou unha comunidade. Mediante a fotosíntese, as plantas verdes forman combinacións orgánicas a partir de CO 2 e H 2 O (produción primaria). Os organismos animais usan as plantas como alimento e transforman unha pequena parte en substancia animal (produción secundaria).

  6. produción de pares [FÍS]

    Fenómeno producido ao interaccionar un feixe de raios ã coa materia, consistente na creación dun electrón e un positrón. É unha transformación da radiación en materia. A probabilidade de produción de pares aumenta coa enerxía dos raios ã. A aniquilación é o fenómeno oposto.