producir

producir

(

  1. v t
    1. Facer que algo exista, suceda ou apareza.

      Ex: Iso produciulle medo. As chuvias produciron inundacións.

    2. Dar como froito ou utilidade a terra, a natureza ou os animais.

      Ex: A cerdeira deixou de producir cereixas. Galicia produce moito mexillón. OBS: Nalgunhas ocasións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Se non chove a terra non produce

    3. Facer existir por unha certa actividade artística.

      Ex: Produciu fermosos cadros. OBS: Nalgunhas ocasións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: A cegueira non lle permitía producir.

    4. Fabricar manufacturas, elaborar materias primas e transformalas en bens manufacturados.

      Ex: Producen centos de coches ao día.

  2. v t

    Dar algo beneficio ou perda.

    Ex: A fábrica non producía beneficios. OBS: Nalgunhas ocasións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Venderon a tenda porque xa non producía.

  3. v t

    Proporcionar os cartos e medios necesarios para realizar unha obra artística.

    Ex: Ninguén lles quixo producir a película.

  4. v t [DER]

    Exhibir, presentar ou facer aparecer motivos ou probas a favor do procesado.

  5. v pron

    Chegar a existir ou ter lugar algo.

    Ex: Produciuse un tremor de terra. Produciuse un tumulto na sala de espera.

Conxugar
VERBO producir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
produzo
produces
produce
producimos
producides
producen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
producía
producías
producía
produciamos
produciades
producían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
producín
produciches
produciu
producimos
producistes
produciron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
producira
produciras
producira
produciramos
producirades
produciran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
producirei
producirás
producirá
produciremos
produciredes
producirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
produciría
producirías
produciría
produciriamos
produciriades
producirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
produza
produzas
produza
produzamos
produzades
produzan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
producise
producises
producise
producisemos
producisedes
producisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
producir
producires
producir
producirmos
producirdes
produciren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
produce
-
-
producide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
producir
producires
producir
producirmos
producirdes
produciren
Xerundio producindo
Participio producido
producida
producidos
producidas