Proença, Pedro

Proença, Pedro

Pintor angolano. Naturalizado portugués, empregou un humor escuro e irónico con referencias históricas e simbólicas, cun estilo que fusiona debuxo e pintura nunha narración próxima ao carnavalesco, con ligazóns á cultura popular. Destacan as súas obras Asia (1986), Carnaval em Kioto, Simone en Kimono (2000), As folias espanholas (2001) ou À canzana na Tanzânia (2003). Tamén ilustrou libros infantís e publicou The Great Tantric Gangster, A arte ao microscópio e O homem batata. Recibiu o Prémio União Latina (1992).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lubango