Profesionais da Educación

Profesionais da Educación

Publicación inicialmente mensual editada a partir de 1999. Subtitulouse “Revista galega de información educativa”. Promovida pola secretaría de Imaxe de FETE-UGT-Galicia e coordinada por Juan Pais Andrade, inclúe informacións relacionadas co mundo do ensino, especialmente referidas ao sistema educativo galego, onde trata aspectos sindicais, profesionais, institucionais e lexislativos, ademais de artigos de opinión sobre actualidade docente. Tamén recolle numerosas experiencias pedagóxicas e didácticas de diversos centros educativos galegos.