Prokof’ev, Sergej Sergejevič

Prokof’ev, Sergej Sergejevič

Compositor ruso. Formado no Conservatorio de San Petersburgo, co seu primeiro concerto para piano e orquestra (1910) iniciou unha serie de obras, inicialmente de vangarda e máis tarde de corte neoclásico, como as sinfonías para orquestra, as sonatas para piano, o conto musical Pedro e o lobo (1936), obras corais e cantatas, como Sete son sete (1936). Cultivou con intensidade a música escénica, especialmente con ballets como Romeu e Xulieta (1935) e con óperas como O amor das tres laranxas (1921), que difundiu por EE UU cun enorme éxito, e Guerra e paz (1946). Tamén escribiu música para obras teatrais e os filmes Aleksandr Nevskij (1938) e Iván o terrible (1945).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sonkovka, Ekaterinburg

  • Deceso

    Lugar : Moscova