Promotora de Hipermercados SA

Promotora de Hipermercados SA

Empresa comercial creada en 1976 para reorganizar as actividades do grupo francés Carrefour e do español Simago. Ten a súa orixe nas actividades de Ibérica de Hipermercados SA constituída en 1973. Absorbeu diversas empresas locais, que en 1981 unificou baixo a marca Pryca. En 1999 fusionouse con hipermercados Continente e en 2000, Pryca e Continente empezaron a utilizar o nome Carrefour. Simultaneamente, os supermercados procedentes de ambas as dúas empresas unificaronse baixo o nome Champion.

Palabras veciñas

promontorio | Promontorio | promotor -ra | Promotora de Hipermercados SA | Promotora de Informaciones S A | promover | promulgación