promotor -ra

promotor -ra

(< lat promotōre)

    1. adx e s

      Que ou quen promove ou dá o primeiro pulo a unha cousa.

    2. adx e s

      Que ou quen promove ou financia a construción de edificios.

    3. s [DER/ADM]

      Persoa ou sociedade contratada para facer traballos para un organismo oficial.

    4. s [DER/ECON]

      Persoa que leva a cabo formalmente as actividades necesarias para a entrada en funcionamento e constitución xurídica dunha entidade social. Refírese ao caso de sociedades mercantís. Na práctica do sector da construción, distínguese entre o promotor e a empresa construtora.

  1. promotor de xustiza [DER/RELIX]

    Defensor do dereito eclesiástico nos tribunais eclesiásticos. É elixido polo bispo e a súa presenza é indispensable nas causas penais e nas contenciosas en que se atope implicado o ben público.

  2. s m [XEN]

    Segmento de ADN dun operón situado entre un xene operador e o primeiro xene estrutural, que constitúe o punto de recoñecemento e de partida da RNA-polimerase, ao que se indica sobre o cromosoma a situación das secuencias que hai que transcribir. Nos procariotas o promotor é adxacente ao xene estrutural, mentres que nos eucariotas, consta de dúas partes complementarias.

  3. s m [QUÍM]

    Substancia que aumenta de forma considerable a actividade dun catalizador determinado.