Propaganda Fide
Propaganda Fide
Congregación romana destinada á propagación da fe, onde radica o goberno da actividade misioneira católica no mundo. Fundouna Gregorio XV (22 de xuño de 1622) como un instrumento exclusivo da Santa Sé e coa finalidade principal de difundir o cristianismo. Exerceu unha grande actividade misioneira nos novos territorios descubertos e posteriormente estendeuse a todos os países onde non había establecida unha xerarquía autóctona. Paulo VI (1963-1978) reformouna e deulle o nome de Congregazione per l’Evangelizzazione dei Popoli ou de Propaganda Fide (1967). Está composta por 61 membros e asistida por un Colexio de Consultores integrado por expertos en distintas disciplinas eclesiásticas procedentes de diferentes países.