propaganda
propaganda
(< lat propaganda)
-
s
f
[SOCIOL]
Maneira de influír na opinión pública co fin de conseguir condutas colectivas encamiñadas cara a certas metas relixiosas, sociais, políticas ou doutra índole. Baséase en lemas, na ostentación e na reiteración, fomentando a emotividade, reducindo o campo de visión e disimulando as súas últimas motivacións. A súa finalidade é convencer e conseguir unha acción inmediata.
Confrontacións: publicidade. -
s
f
[SOCIOL]
Medios ou materiais (anuncios, carteis, panfletos, etc), que serven para propagar unha cousa.
Confrontacións: publicidade.