propensión

propensión

(

  1. s f

    Tendencia ou inclinación natural a facer, sufrir ou adquirir calquera cousa.

    Confrontacións: predisposición.
  2. s f [ECON]

    Tendencia, manifestada no comportamento de certas magnitudes, susceptible de ser medida. En microeconomía fálase de propensión ao consumo, propensión ao aforro, que representan a regularidade no comportamento do consumidor que, dada unha renda, a distribúe entre o consumo e o aforro, segundo as súas preferencias. En macroeconomía, J. M. Keynes estudou a propensión ao consumo global como unha función, estática, da renda nacional.

Palabras veciñas

propeno | propenoico, ácido | propenol | propensión | propenso -sa | Propercio | properdina