propensión
propensión
(
-
s
f
Tendencia ou inclinación natural a facer, sufrir ou adquirir calquera cousa.
Confrontacións: predisposición. -
s
f
[ECON]
Tendencia, manifestada no comportamento de certas magnitudes, susceptible de ser medida. En microeconomía fálase de propensión ao consumo, propensión ao aforro, que representan a regularidade no comportamento do consumidor que, dada unha renda, a distribúe entre o consumo e o aforro, segundo as súas preferencias. En macroeconomía, J. M. Keynes estudou a propensión ao consumo global como unha función, estática, da renda nacional.