propiólico, ácido

propiólico, ácido
Nome científico: [ácido propinoico: CHsC≡COOH]
[QUÍM]

Ácido carboxílico, o máis simple da serie acetilénica. É un sólido, de olor semellante ao do ácido acético, que funde aos 18°C e ferve aos 144°C con descomposición. É soluble en auga, alcohol e éter. Obtense por acción do dióxido de carbono sobre o acetiluro sódico. Polimeriza pola acción da luz e emprégase en síntese orgánica.

Palabras veciñas

propio -pia | propioceptivo -va | propioceptor | propiólico, ácido | propionaldehido | propionato | propiónico, ácido