prosodia

prosodia

(< lat prosodĭa ‘acento’< gr προσ“ωδία ‘acento sobre asvogais’)

  1. s f [LING]
    1. Parte da gramática que ensina a recta acentuación e pronuncia das palabras.

    2. Estudo das particularidades dos trazos fónicos que afectan á métrica, fundamentalmente os acentos e a cantidade.

    3. Parte da fonoloxía que estuda os trazos fónicos que afectan a unidades inferiores ao fonema, como as moras, ou superiores a el, como as sílabas ou outras secuencias da palabra ou oración.

  2. s f [MÚS]
    1. Canto que, na Antigüidade, se acompañaba coa lira.

    2. Canto que incide na pronuncia normal dunha vogal. Na Antigüidade foi un acento melódico que progresivamente se foi susbtituíndo por un acento de intensidade. A prosodia musical consiste na aplicación dunha música a un texto determinado facendo coincidir a métrica do texto coa métrica musical.