prototerio -ria
prototerio -ria
-
adx
Relativo ou pertencente aos prototerios.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da subclase dos prototerios.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Subclase de mamíferos que comprende as formas máis arcaicas de toda a clase: presentan características típicas de mamíferos con outras que os aproximan a vertebrados inferiores. Por exemplo, malia que presentan secreción láctica, teñen cloaca, reprodución ovípara e fociño que forma unha especie de peteiro que recorda ao dos patos. Comprende a orde dos monotremos.