prototipo

prototipo

(< grπρωτότυπος)

  1. s m
    1. Modelo primitivo ou orixinal de algo.

    2. [TECNOL]

      Primeira máquina, instalación industrial ou vehículo construído para experimentar, en funcionamento, as súas calidades, características, rendemento, etc, para poder resolver, eventualmente, as imperfeccións antes de comezar a fabricación en serie.

    3. [IND]

      Primeiro modelo dunha serie de barcos iguais e que, na mariña de guerra, adoita darlle nome aos da súa clase.

  2. s m

    Exemplar máis perfecto e modelo dunha virtude, calidade ou vicio.