provenzal

provenzal

(

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Provenza, á súa lingua ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Provenza.

  1. adx [LING/LIT/ARTE]

    Aplícase ao conxunto da cultura (lingua, literatura, arte) occitana. O uso do termo referido a todo o mundo occitano débese á influencia da antiga literatura dos trobadores, que consagraron o seu uso; con todo a finais do s XX, esta denominación caeu en desuso en favor do termo occitano para referirse á lingua, á literatura e á arte de todos os países de Oc.

  2. s m [LING]

    ariedade lingüística do occitano medio. Desde o punto de vista lingüístico é un dialecto falado nos antigos territorios do reino de Provenza, do condado Venaissí e do condado de Niza. Divídese en cinco grupos: o rodaniano, fala base da lingua mistraliana (Aviñón, Arles, Camarga, Nîmes, etc); o marítimo (costa mediterránea, de Marsella a Antíbol); o baixo alpino (parte sur dos Baixos Alpes ata Apt, en Valclusa); o central, que fai de unión entre os tres grupos precedentes, e o nizardo, no antigo condado de Niza. O provenzal comparte co languedociano tres trazos esenciais: a conservación dos grupos latinos KA- e GA- (cantar, cabra; gal < GALLU), a conservación do -S- nos grupos consonánticos -SK-, -SP-, -ST- (espiar, tèsta, escòla) e a conservación do -l- intervocálico, que provén do -L- ou do -LL- latinos (pala, salar, galina). E distínguese del por seis trazos esenciais: mantemento de n (pan), presenza de labiodental v (vaca), vocalización de -l final, procedente de L ou LL (nadau, bèu), ausencia de s flexional no plural, caída de consoantes finais (lo(p), canta(t), bè(c)) e artigo li(s) ou lei(s) para os dous xéneros.