proxestóxeno

proxestóxeno

(< pro- + xestar + -eno)

s m [MED]

Substancia que ten acción proxestacional, é dicir, que produce no endometrio os cambios necesarios para facer posible a implantación do óvulo fecundado. En doses axeitadas, os proxestóxenos inhiben a ovulación, recibindo a denominación de anovulatorios. Os máis empregados en medicina, en combinación cos estróxenos, son o norxestrel, o linestrenol e a norestisterona.

Palabras veciñas

proxeria | proxestáxeno | proxesterona | proxestóxeno | proximal | proximidade | proximnospermópsido -da