proximidade

proximidade

(

  1. s f

    Calidade ou circunstacia de estar próximo, no espazo ou no tempo.

  2. s f

    Territorio próximo a un punto determinado. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    Confrontacións: aforas, alfoz, arrabalde, periferia, veciñanza.
  3. relación de proximidade [MAT]

    Relación binaria S entre os subconxuntos dun conxunto E, que foi introducida por Efremovič para xeneralizar a relación estar próximo, que se utiliza correntemente no espazo métrico ordinario. A relación de proximidade S defínese polos axiomas seguintes: S é simétrica, o conxunto baleiro non está próximo a outro; un conxunto está próximo á reunión de dous conxuntos se está próximo, polo menos, a un deles; dous conxuntos que se cortan están próximos; un punto só é próximo a si mesmo; se dous conxuntos están próximos, ao mesmo tempo existe un terceiro conxunto tal que é próximo a un deles e o seu complementario está próximo ao outro. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Refráns

  • Romaxe de cerca, moito viño e pouca cera.