próximo -ma

próximo -ma

(< lat proxĭmu)

  1. adx

    Que ocupa o lugar máis achegado a outro no espazo, no tempo ou nunha orde lóxica.

    Ex: Ireite visitar o próximo domingo.

  2. adx

    Que está preto no espazo ou no tempo.

    Ex: Vive nunha vila próxima á capital.

  3. adx

    Que está achegado afectiva ou ideoloxicamente.

    Ex: Teñen ideas moi próximas.

    Confrontacións: afín.
  4. adx

    Que se asemella moito a algo.

    Ex: Cultiva garavanzos, lentellas e outras plantas próximas.

  5. s m

    Persoa humana con relación a calquera outra.

    Ex: Hai que respectar ao próximo.

  6. s m pl

    Parentes máis achegados. 

    Ex: Gústalle estar rodeado dos seus próximos. OBS: A grafía x> representa o son [ks].