Prusiner, Stanley B.

Prusiner, Stanley B.

Médico estadounidense. Entre os seus primeiros traballos destacaron as investigacións sobre hipotermia e sobre o tecido adiposo marrón dunha especie de roedores mediante flourescencia. Pero as investigación máis importantes foron as referidas a enfermidades dexenerativas, tras a morte dunha paciente súa debido a enfermidade dexenerativa de Creutzfeltd-Jakob. Descubriu que esta e outras enfermidades, como a encefalopatía esponxiforme bovina, eran causadas por un axente infeccioso, de caracter proteico, ao que denominou prión (1982). Posterioremente en 1984 deu a coñecer o xene que codificaba esa proteína. En 1997 recibiu o premio Nobel de Medicina polo descubrimento dos prións.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Des Moines, Iowa