Przemyśl
Przemyśl
Cidade de Polonia, preto da fronteira con Ucraína (68.007 h [2000]). Posúe industrias mecánicas, de mobles e papeleiras. Pertenceu ao Reino de Kiev, a Polonia (1349-1772) e e a Austria e volveu a Polonia en 1918-1919.