psicolingüística

psicolingüística

(

s f [PSIC/LING]

Disciplina científica que estuda os procesos psicolóxicos que permiten a produción e a comprensión da linguaxe. O seu creador foi o psicólogo condutista E. Osgood, que consideraba que a teoría da información ofrecía un marco axeitado para o estudo da linguaxe, como unha forma de comunicación humana. Posteriormente, N. Chomsky dirixiu o interese desta disciplina cara á análise das producións e comprensións lingüísticas, como medio de desvelar as funcións mentais superiores.