psicolóxico -ca

psicolóxico -ca

(< psicoloxía)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á psicoloxía como ciencia.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á psicoloxía, á psique ou ao psiquismo.

    2. guerra psicolóxica

      Conxunto de métodos empregados para influír nas opinións, nos sentimentos e nas crenzas dun individuo ou dun grupo social, e, máis particularmente, dos seus membros máis destacados e poderosos, co fin de determinar as súas actitudes e os seus comportamentos nun sentido ou noutro.

  2. escola psicolóxica [ECON]

    Escola económica centrada na análise das relacións entre o home e a riqueza. O seu espírito xeral é a dedicación ao estudo psicolóxico do home, que actúa na esfera económica, baixo a influencia de diferentes móbiles económicos ou doutra clase. Nun sentido estrito o seu nome é propio da chamada escola de Viena.