Ptolomeo VIII
Ptolomeo VIII
Everxetes (182 a C - 116 a C) Rei de Exipto (145-116 a C), fillo de Ptolomeo V e irmán de Ptolomeo VI. Reinou co seu irmán (170-163 a C) ata converterse en rei da Cirenaica (163-145 a C). No intento de tomar Chipre (154 a C), foi derrotado polo seu irmán. Morto este (145 a C), casou coa viúva Cleopatra II e coa fillastra desta, Cleopatra III. A oposición da poboación helenística provocou que Cleopatra II o expulsase (130 a C). Reconciliados novamente (124 a C), deu unha ampla amnistía (118 a C).