Ptolomeo XIII
Ptolomeo XIII
Dionisio (61 a C - 47 a C) Rei de Exipto (51-47 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo XII. Casou coa súa irmá, Cleopatra VII. Para congraciarse cos ocupantes romanos, mandou matar (48 a C) a Cneo Pompeo Magno. Sucedeuno o seu irmán Ptolomeo XIV Filopátor (59-44 a C), que gobernaba Chipre (48 a C). Foi asasinado poa súa irmá Cleopatra VII, coa que tamén casara.