puberdade

puberdade

(

  1. [FISIOL]
    1. s f

      Período da vida comprendido entre o momento da aparición dos primeiros caracteres sexuais secundarios e a consecución da fertilidade.

      Sinónimos: pubescencia. Confrontacións: adolescencia.
    2. puberdade precoz

      Desenvolvemento prematuro dos órganos reprodutores e dos caracteres sexuais secundarios.

  2. s f [DER]

    Momento da vida dunha persoa física a partir do que, estando suxeito aínda á minoría de idade, pero superando os 14 anos, xa pode intervir nalgún negocio xurídico ou en actuacións xudiciais. O dereito romano -que primitivamente contaba cunha inspectio corporis, para determinar a entrada na puberdade- outorgáballe a capacidade para todo tipo de actos xurídicos.

Palabras veciñas

pube | Pubeiros, lomba dos | pubela | puberdade | púbere | pubescencia | pubescente