publicitario -ria

publicitario -ria

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á publicidade.

  2. s [COMUN]

    Profesional da publicidade.

    Sinónimos: publicista.
  3. arte publicitaria [ARTE/SOCIOL]

    Arte especializada no uso e reprodución artística con fins comerciais. Inicialmente foi desenvolvida por artistas, ata a aparición de técnicos titulados especializados (deseñadores gráficos, debuxantes, ilustradores, fotógrafos, redatores de textos e outros profesionais) que traballan no campo das artes gráficas e que se serven dos diferentes elementos e linguaxes gráficas para configurar anuncios, imaxes corporativas, promoción de vendas ou publicidade exterior.

Palabras veciñas

publicata | publicidade | publicista | publicitario -ria | público -ca | Publilio Filón, Quinto | pubotomía