público -ca
(< lat publĭcu)
-
adx
Que é visto, sabido ou coñecido por todos.
Ex: Pensaba que ninguén o sabía, pero xa era algo público.
-
adx
Relativo ou pertencente á sociedade ou á comunidade, por oposición a privado.
Ex: Era unha fundación de interese público. Non figura o prezo de venda ao público.
-
adx
Que pode ser usado por todo o mundo.
Ex: O parque era de uso público.
-
adx
Relativo ou pertencente ao estado ou á súa administración.
Ex: Convocaron unhas oposicións para a administración pública.
-
adx
Que é coñecida por moita xente polas actividades ás que se dedica.
Ex: É un personaxe público que sae nas revistas do corazón.
-
s
m
-
Conxunto de persoas que forman unha colectividade.
Ex: As listas de admitidos están expostas ao público no taboleiro de anuncios.
-
Conxunto de persoas que asisten a un espectáculo ou que participan en determinados actos.
Ex: Ao rematar a función saudaron o público.
-
-
pública honestidade
[DER/RELIX]
Impedimento dirimente do matrimonio canónico, chamado tamén case-afinidade, que ten lugar entre o home e os consanguíneos (ata o segundo grao) da muller coa que conviviu en matrimonio inválido, incluso non consumado ou en público concubinato.
-
pública promesa
[DER]
Anuncio público dunha promesa de recompensa en favor do que leva a cabo un acto ou obtivo un resultado determinado.