pucú

pucú

(

Nome científico: [Kobusvardonii, Fam dos bóvidos]
s m [ANIMAL]

Mamífero ruminante, da orde dos artiodáctilos, co corpo robusto, de entre 80 e 100 cm de altura e un peso de 75 a 85 kg, co pelame amarelo dourado e partes inferiores de cor clara. O macho presenta cornos curtos, robustos e estriados. Distribúese polas chairas, lagos e ríos de Tanzania, República Democrática do Congo, Botswana, Namibia, Angola e Zambia.