pudelación
pudelación
(
s
f
[IND]
Procedemento metalúrxico de obtención de ferro industrial ou de aceiro de baixo contido de carbono, xa en desuso. Foi inventado en 1787 polo inglés Cort (1740-1800). Nun forno de reverberación, engádeselle unha escoura ferruxinosa ao baño de ferro coado líquido. O carbono elimínase e as impurezas acumúlanse na escoura, que se separa do ferro.