Pudu
Pudu
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos artiodáctilos ruminantes, da familia dos cérvidos, duns 40 cm de alto, 93 cm de longo, de corpo macizo, patas relativamente curtas, cornos pequenos e simples só nos machos, e pelame rubio, curto e áspero. Habita nos bosques de América. A este xénero pertencen as especies de cervos máis pequenos do mundo.