Pueblo Vasco, El
Pueblo Vasco, El
[PUBLIC]
Xornal editado en Bilbao a partir do 1 de maio de 1910. Fundado polos irmáns Fernando, Gabriel e Emilio Ybarra, xurdiu como un diario independente monárquico, na liña de Afonso XIII, de carácter conservador maurista e de inspiración cristiá. Tentou reflectir nas súas páxinas as opinións políticas e sociais por riba do carácter informativo. Co estoupido da Guerra Civil española, en 1936 o exército nacional incautouno e, a partir da década de 1940, cambiou a súa cabeceira por El Correo Español-El Pueblo Vasco.