puelche
puelche
(< mapuche puel ‘oriente’ +che ‘persoa’)
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo puelche.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo puelche.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo indíxena de América do Sur, de raza pámpida, que vivía nas pampas de Arxentina. Desde o s XVIII adoptaron a lingua araucana. Cando coñeceron o cabalo a súa vida de cazadores nómades enriqueceuse. As persecucións de casteláns e arxentinos desprazáronos cara ao S.