Pueblo, El

Pueblo, El
[PUBLIC]

Xornal publicado en Pontevedra a partir do 1 de xuño de 1914. Cesou o 15 de outubro de 1932. Subtitulouse “Órgano de la Conjunción Republicano-Socialista” e, a partir de 1918, “Órgano del Partido Republicano”. Dirixido por Xoán M. Rodríguez, centrouse nos contidos políticos pero tamén incluíu artigos sobre revistas como Nós, Céltiga ou A Nosa Terra, e un suplemento literario titulado “O Labrego”. A partir de 1918 adoptou o nome de “Musa Enxebre” e logo o nome de “Folla enxebre d’El Pueblo”, para desaparecer en 1922. Xunto co xornal entregouse por partes o Catecismo do Labrego, de Lamas Carvajal. En marzo de 1924 pechou por mor da Ditadura de Primo de Rivera e iniciou unha segunda época a partir do 9 de marzo de 1930, caracterizada pola prevalencia dos contidos políticos sobre os literarios.

Palabras veciñas

Pueblo, El | Pueblo, El | Pueblo, El | Pueblo, El | Pueblonuevo del Guadiana | puelche | Puente Alto