Puente, Luís de

Puente, Luís de

Escultor. Relacionado co obradoiro de Xosé Gambino e Xosé Ferreiro, atribuíuselle o grupo de San Diego de Alcalá na igrexa de San Francisco en Santiago de Compostela e a imaxe da patroa de Santa María a Real do Sar (1800) na que presentou unhas características estilísticas novas, visibles na disposición do Neno Xesús, no queixo prominente da Virxe e no trazo iconográfico arcaizante. Tamén realizou un conxunto de imaxes do retablo maior da igrexa parroquial de San Cristovo de Dombodán (Arzúa, 1799) que representan a Asunción, San Cristovo, San Pedro e Santiago Apóstolo; en menor formato, fixo a San Domingos de Guzmán e a San Francisco de Asís.

Cronología

  • Deceso