Puente la Reina
Puente la Reina
Municipio de Nafarroa situado no Canal de Berdún (2.412 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro con industria diversificada. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, onde conflúen os camiños aragonés e navarro. No s XII tiña un barrio de francos e dous hospitais para peregrinos. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santiago, que garda a imaxe de Santiago beltza (‘negro’) e a ponte románica sobre o río Arga, construída pola Raíña Maior, dona de Sancho Garcés II, para dar servizo aos peregrinos.