Puga, Antonio de

Puga, Antonio de

Pintor. En 1630 estaba en Madrid, onde recibiu encargos da corte de Filipe IV e traballou con Eugenio Caxés no Salón de Reinos do palacio del Buen Retiro. Partiu do estilo manierista escurialense para achegarse ao de Velázquez. A súa obra caracterizouse por unha reducida paleta cromática con primacía dos tons ocres e terra, reflectindo modelos naturalizados. Realizou obras de temática relixiosa, en que se mostrou como un gran debuxante, e escenas de xénero en que a luz tenebrosa define os personaxes do cadro de forma escultórica. Cultivou tamén o retrato de carácter realista. Só están asinadas San Jerónimo (1636) e Magdalena penitente; as demais obras son atribucións, entre elas, Anciana sentada, El afilador, El aceitero, La taberna e El bebedor.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ourense

  • Deceso

    Lugar : Madrid